Un dos principais comandantes das milicias do Partidos dos Traballadores do kurdistán chamou aos residentes en Turquía para loitar dende dentro contra o goberno de Ankara.
Un dos principais comandantes das milicias do Partido dos Traballadores do Kurdistán (PKK), Bahoz Erdal, chamou este domingo ao levantamento de todos os kurdos residentes en Turquía para loitar dende dentro contra o Goberno de Ankara, que a pasada quinta feira ordenaba la incursión terrestre das súas forzas no norte de Irak para acabar coas bases do grupo separatista.
Erdal, que é o comandante das Forzas Populares de Defensa -unha sección do PKK que conta con máis de 3.000 efectivos- pediulles aos mozos kurdos que convirtan en "inhabitábeis" as cidades turcas nas que moran.
Mentres, os combates fanse máis duros. Os rebeldes aseguraron ter derrubado un helicóptero militar turco e ter matado, nesta semana, 22 militares turcos. Pola súa parte Turquía asegurou que son polo menos 79 os milicianos kurdos abatidos dende o comezo, a pasada quinta feira da operación terrestre contra o PKK.