Piratas somalís fixéronse co control do atuneiro Playa de Bakio, que faenaba en augas internacionais perto da costa africana.
O atuneiro vasco Playa de Bakio navegaba nese momento a máis de 250 millas da costa de Somalia con 26 tripulantes, oito deles galegos. Segundo informaron desde o o Departamento de Agro e Pesca do goberno vasco, o buque foi asaltado por varias persoas armadas cun lanzagranadas, que tomaron o control da nave. Malia os desperfectos presuntamente durante o ataque, o barco navegaría agora cara á costa, segundo o seguimento que se está realizando da súa situación.
Segundo información do Ministerio de Exteriores, o Ministerio de Defensa do goberno español comunicou o envío ao lugar dunha fragata do exército que navegaba próxima á zona. A embaixada en Quenia, a mesma que xestiona os asuntos relacionados con Somalia, iniciou tamén contactos coa administracións local.