Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
S.O.S. MASSÓ

Mobilización en Cangas contra a especulación

A concentración contra a recualificación dos terreos da antiga conserveira abre as actividades en conmemoración do Día da Terra, o martes 22.

Redacción - 13:02 20/04/2008
Cartel da convocatoria

Cartel da convocatoria

Máis de trescentas persoas acudiron á concentración convocada pola plataformas A Ría non se vende, Galiza non se vende e o Foro Social de Cangas na Alameda Vella da vila do Morrazo baixo o lema S.O.S. Massó. A convocatoria, que pretendía amosar a oposición á recualificación de terreos da antiga conserveira para a construción dun porto deportivo e unha urbanización de luxo, abriu as actividades que se desenvolverán en todo o país para conmemorar o Día Internacional da Terra, que será o martes 22.

O acto comezou ás dez da mañá, cun roteiro en bicicleta dende a Praza do Rei, en Vigo, seguido de intercambios e mesas informativas en Cangas. O luns, ás sete da tarde, haberá unha charla-coloquio sobre os impactos do cambio climático na biblioteca do Casco Vello da cidade olívica.

S.O.S. Clima
Xa o martes, a asociación Amigos da Terra vai poñer en marcha no país a campaña europea S.O.S. Clima para reivindicar que se aprobe unha lei de redución das emisións de dióxido de carbono para frear o cambio climático. A iniciativa The big ask, formada por 17 grupos europeos, reclama que se freen un 30% as emisións en 2020 até o 90% en 2050.

A escritora Teresa Moure participará nunha mesa informativa na praza do Toural de Compostela o martes ao mediodía. Pola tarde, haberá unha 'pingüinada' de protesta con convite para a cidadanía en xeral.


4,63/5 (16 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: