Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Segue en pé a folga do 29 de abril

O Claustro da UDC rexeita por unanimidade a subida de taxas

Considérana un "elemento de exclusión que redunda na desigualdade" e que leva "unha privatización encuberta".

Redacción - 19:30 17/04/2008

O Claustro da Universidade da Coruña (UDC) opúxose esta quinta feira por unanimidade á subida das taxas de matrícula do Sistema Universitario Galego no curso 2007-2008, xa que considera que supón "un elemento de exclusión que redunda na desigualdade de oportunidades ao acceso e a continuidade na universidade".

Os membros do Claustro abordaron o tema a petición dos estudantes, e declaráronse "en contra" por supor unha "carga" para as familias que, ademais de "discriminar e penalizar" aos estudantes, non supón un incremento nas bolsas, nin a mellora da calidade dos servizos e leva "unha privatización encuberta".

Os representantes dos estudantes, profesores e persoal de administración e servizos da UDC aprobaron nun texto conxunto onde solicitan que o financiamento das universidades -"públicas e de calidade"- se sustente nos orzamentos xerais. Xa que logo, instaron á administración a "tomar medidas para frear a subida".

Neste senso, os Comités Abertos de Escola e Facultade (CAF) convocaron unha folga para o 29 de abril nos sete campus do país, para "evitar" que a Consellaría de Educación "volva decretar unha subida de taxas".


4,56/5 (9 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: