Considera que sería "o normal", aínda que recoñece que "é moi difícil falar de prazos nesta materia".
Méndez Romeu, esta cuarta feira no Parlamento
O conselleiro de Presidencia, Xosé Luís Méndez Romeu, agarda que o proceso ordinario de negociación para o traspaso da competencia de Tráfico dea comezo antes de que remate o ano.
Antes, a proposición de lei deberá ser aprobada polas Cortes españolas. Unha delegación de parlamentarios galegos, encabezada polo vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, encargarase de presentala e defendela en Madrid.
Méndez Romeu recoñeceu que "é moi difícil falar de prazos nesta materia", mais considerou que "o normal" sería que este primeiro trámite chegue ao longo de 2008, e logo iniciaríase o proceso de negociación para o traspaso definitivo da competencia.
Eleccións ao Parlamento
Por outra banda, o titular de Presidencia insistiu ante preguntas dos medios de comunicación en que será o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, quen decida a data en que se organicen as eleccións autonómicas, mais "na data máis axeitada" e que os socialistas "estarán sempre preparados para cando corresponda".