Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Xuntanza da Comisión Institucional

O Parlamento enviará este mes ao Congreso a petición da transferencia de Tráfico

Os tres grupos da Cámara aprobaron por unanimidade o informe sobre a proposición de lei para reclamar a competencia.

Redacción - 14:00 14/03/2008
A Garda Civil cederalle á Polícía de Galicia a xestión de Tráfico

A Garda Civil cederalle á Polícía de Galicia a xestión de Tráfico

Os tres grupos aprobaron este venres por unanimidade na Comisión Institucional do Parlamento o informe do relatorio sobre a proposición de lei para reclamar a transferencia a Galiza das competencias en materia de tráfico, que en principio vai ser aprobado este mes.

Posteriormente, a Mesa do Parlamento deberá remitir a proposición da Cámara á Mesa do parlamento español, que decidirá a súa entrada a debate en Cortes.

A propia iniciativa inclúe a vontade dos grupos de que o proceso de transferencia "comece con moita brevidade co fin de completarse no horizonte de 2010".

O portavoz do BNG, Carlos Aymerich, dixo agardar que no parlamento español haxa "a mesma unanimidade" que houbo no galego.

Pola súa banda, o voceiro do PSdeG, Ismael Rego, aínda que augurou que a proposición "terá un amplo apoio e aval", advertiu de que o Congreso ten "soberanía" para tomar decisións.

Finalmente, o parlamentario do PPdeG Antonio Rodríguez Miranda explicou que o exercicio de máis competencias é favorable "só na medida de que os galegos poidan vivir mellor", como é o caso.


5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: