O corredor de Teo sitúase en novena posición na clasificación xeral a falta de unha etapa para rematar a competición.
A cuarta etapa da Volta a Castela e León foi decisiva para consolidar os resultados da competición. O corredor do Astana, Alberto Contador exhibiuse neste tramo reafirmándose ao fronte da clasificación xeral a falta de tan só unha xornada para rematar a volta. Pola súa banda, Ezequiel Mosquera (KGZ) ocupou o posto décimo quinto na etapa, ascendendo até a novena posición na xeral.
Mosquera aguantou todas as seleccións, até que a tres quilónetros da meta, comezaron o ataque polo tirunfo da etapa os máis fortes da carreira. Ás 13:15 atravesaba a meta despois dunha carreira na que dende o primeiro momento non se atopaba nas mellores condicións debido á meteoroloxía extrema.