Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Volta a Castela e León

Grande oportunidade para Mosquera e Rabuñal

Os corredores do KGZ ascenderon dúas posicións, mentres que o redondelán Enrique Salgueiro acadou o quinto posto na terceira etapa.

Redacción - 14:45 27/03/2008
Etapa crucial para Mosquera

Etapa crucial para Mosquera

Á espera da etapa raíña, os corredores do Karpin Galicia seguen a escalar postos na clasificación xeral. Ezequiel Mosquera e Gonzalo Rabuñal ascenderon dous lugares na terceira xornada da Volta a Castela e León situándose no décimo terceiro e no décimo cuarto posto respectivamente, mentres que o liderado segue a ser para Alberto Contador. A etapa foi para Fran Ventoso (Andalucía-Cajastur) máis a presenza galega tamén se deixou ver entre os cabezas de carreira grazas ao traballo de Enrique Salgueiro (Extremadura), que cruzou quinto a meta.

A cuarta etapa é a proba de lume para Mosquera. Os 160,8 metros que unen Carrión dos Condes e o Porto de Collado do Salcedillo son decisivos na resolución da competición. Mosquera non pode deixar escapar a primeira chegada en alto de todo o que se leva disputado até o de agora, o seu forte, e polo tanto, a súa primeira opción de loitar pola vitoria.

A terceira das xornadas da volta a Castela e León, que en principio se configuraba como unha etapa de transición resultou menos tranquila do que se esperaba. Nos últimos quilómetros, a proximidade da meta e o vento produciron certo nerviosismo no pelotón, producindo caídas, nas que saíu prexudicado o ciclista do Karpin Galicia Alberto Fernández, que non puido chegar a meta co resto do pelotón.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: