Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
En protesta pola represión da China no Tíbet

Sarkozy súmase ao posíbel boicot aos Xogos Olímpicos

O presidente francés non descarta vetar a cerimonia inaugural das Olimpiadas de Beixín 2008.

Redacción - 19:15 25/03/2008
O presidente francés, Nicholas Sarkozy

O presidente francés, Nicholas Sarkozy

Nicolas Sarkozy, asegurou esta terza feira que "todas as opcións están abertas" e que "non pecha a porta a ningunha eventualidade" referíndose á posibilidade de que Francia boicotee a cerimonia inaugural dos XXOO de Beixín 2008, en protesta pola represión chinesa no Tíbet.

O presidente francés tamén asegurou estar en contacto coas autoridades máis próximas ao Dalai Lama, e salientou que xa tiña falado co presidente chinés: "Trasladeille ao presidente Jintao a miña viva preocupación. Pedinlle contención e abrir un diálogo". A seguir Sarkozy tamén destacou que, de haber o ansiado diálogo, el vai "graduar" a súa resposta en función da "resposta que dean as autoridades chinesas".

Apelando ao "sentido de responsabilidade dos dirixentes chineses"
O presidente francés, que rompía o seu silencio sobre as agresións chinesas no Tíbet, insistiu en que "o que fai falta" é que "os nosos amigos chineses entendan a preocupación mundial sobre a cuestión do Tíbet, e eu hei adaptar a miña resposta ás evolucións que se produzan, agardo, o máis rapidamente posíbel".

Pola súa parte, a secretaria de Estado de Dereitos Humanos, Rama Yade, amosouse resposta a recibir en Francia ao líder espiritual tibetano, o Dalai Lama, e non descartou boicotear a cerimonia inaugural dos Xogos de xeito individual: "se a situación empeora, non vexo ben, a título persoal, asistir a esta manifestación deportiva sen reaccionar", declarou Yade nunha entrevista no xornal francés Le Figaro.

A pasada semana xa se escoitaran as voces doutros dirixentes europeos sobre a posibilidade de boicotear os XXOO. De feito, o presidente do parlamento europeo, Hans Gert Pöttering, ameazou o pasado sábado a China con responder á represión das protestas da poboación tibetana.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: