Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Ducias de mortos no Tíbet

O COI cala sobre o xenocidio e fala de "tensións" na "rexión tibetana da China"

O Dalai Lama denuncia "o xenocidio cultural" pero propón que non haxa boicot olímpico. Mentres, seguen as agresións dos militares chineses sobre os manifestantes tibetanos.

Redacción - 09:00 17/03/2008

A poboación do Tíbet non sufría unha vaga de violencia similar desde finais dos anos 80, e vive agora o que segundo o Dalai Lama forma parte dun "xenocidio cultural". O líder espiritual afirmou esta fin de semana que "a nación tibetana enfróntase a un serio perigo, e aínda que China o admita ou non, temos un problema".

Un voceiro oficial do goberno tibetano no exilio aseguraba este domingo que cando menos se atoparan os corpos de oitenta tibetanos asasinados polas forzas da ocupación chinesa, ademais de haber ducias de feridos. O colectivo Amnistía Internacional solicitou que as autoridades da China permitan unha investigación independente coordinada polas Nacións Unidas, pediu a actuación do Consello de Dereitos Humanos da ONU e denunciou as restriccións impostas aos observadores internacionais.

Por outro lado, o Dalai Lama volveu facer un chamamento á comunidade internacional contra o boicot dos Xogos Olímpicos de 2008, que se celebrarán na capital chinesa. Segundo o líder tibetano, os países asistentes "teñen a obriga moral de lembrarlle a China que como anfitrión dos Xogos debera cumprir cunha serie de obrigas". Con todo, subliñou que China gañou o dereito a organizar o evento olímpico e pediu que non haxa boicot. Por parte do Comité Olímpico Internacional só se emitiu unha breve valoración na que simplemente di compartir "o deseño mundial dunha resolución pacífica das tensións dos últimos dúas na rexión tibetana da China".



2/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: