Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
73 millóns de persoas dependen de axuda para comer

Chamamento "urxente e extraordinario" da ONU aos países ricos

A directora executiva do Programa Mundial de Alimentos da FAO xa alertara en febreiro da situación crítica da axencia, debida á carestía dos produtos básicos.

Redacción - 14:45 24/03/2008

A Organización para a Alimentación e a Agricultura da ONU (FAO, nas súas siglas en inglés) precisa recabar polo menos 500 millóns de dólares (case 338 millóns de euros, ao cambio deste luns) nas vindeiras catro semanas para evitar ter que racionar a axuda alimentaria que reciben 73 millóns de persoas de case 80 países.

Tal e como avanzara en febreiro Josette Sheeran, directora executiva do Programa Mundial de Alimentos (PMA) que xestiona esta axuda, a axencia podería ter que "limitar as racións alimentarias ou o número de recipientes" se os países doadores non achegan máis cartos para facer fronte ao rápido aumento dos prezos nos produtos básicos do sector agrícola.
O PMA remitiu este domingo de Pascua unha carta aos gobernos destes países ricos coa "petición extraordinaria urxente" para que acheguen a cantidade de diñeiro, segundo informa o xornal económico Financial Times que tivo acceso a unha copia do escrito.

"Solicitámoslle ao seu goberno que sexa o máis xeneroso posíbel para axudarnos a cubrir este déficit -que ascendía a 500 millóns de dólares o 25 de febreiro e que está a medrar día tras día", escribe Sheeran, que é quen asina a carta.


Ligazóns

5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: