Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Alerta a directora executiva do PMA

O Programa Mundial de Alimentos da ONU, en perigo

A ONU advirte de que podería ter que racionar a axuda alimentaria aos países pobres a causa do aumento dos prezos nos produtos básicos.

Redacción - 09:35 26/02/2008
"A pobreza ten unha nova face", alertan dende o PMA

"A pobreza ten unha nova face", alertan dende o PMA

A axencia das Nacións Unidas responsábel da axuda alimentaria aos países pobres poderíase ver obrigada a racionala en resposta ao rápido aumento dos prezos no sector agrícola, informa o Financial Times.

Segundo a directora executiva do Programa Mundial de Alimentos (PMA), Josette Sheeran, a axencia vai examinar a posibilidade de "limitar as racións alimentarias ou o número de recipientes" se os doadores non achegan máis cartos.

Os responsábeis da axuda confían en que finalmente se poidan evitar esas medias, mais advirten de que a forte suba do prezo dos alimentos elevou en varios millóns de dólares á semana o orzamento necesario da axencia.

Segundo o PMA, as clases medias urbanas dos países en vías de desenvolvemento (Indonesia, Iemen ou México) comezan a pasar fame por culpa da suba dos prezos de produtos básicos coma o trigo, o millo, o arroz ou a soia. "A fame ten de súpeto un rostro novo", afirma Sheeran.

Deica agora, o principal obxectivo do PMA eran as rexións onde había escaseza de alimentos, mais agora teñen que afrontar un novo desafío: axudar os países onde o problema non é a escaseza senón a carestía dos mesmos.

Comer unha vez ao día

Segundo Sheeran, nos países en desenvolvemento moitas familias deixaron de comer tres veces ao día para facelo unha vez só por culpa desa carestía. Por primeira vez en vinte anos, Exipto ampliou o seu sistema de racionamento de alimentos, namentres que Paquistán reintroduciu un sistema de cartillas de racionamento que abandonara a mediados dos oitenta.

Os países pobres do mundo van ter que pagar este ano un 35% máis polas súas importacións de cereais, levando a factura total do ano que remata en xullo ao total de 33.100 millóns de dólares malia que importarán un 2% menos, segundo datos da FAO. A previsión é que o vindeiro exercicio medren entre un 3% e un 4%.


5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: