Amnistía Internacional, Save the Children, Care International, Oxfam e Christian Aid lembran que máis dun millón de persoas dependen da axuda exterior para poder comer.
O paro aumentou deica o 40%
Amnesty International, Save the Children, Care International, Oxfam e Christian Aid advertiron esta quinta feira de que a Franxa de Gaza vive a peor situación humanitaria dende que Israel ocupou os territorios palestinos en 1967, tras a Guerra dos Seis Días.
As ONG internacionais cualificaron o bloqueo israelí contra Gaza como un castigo colectivo que non axuda a aumentar a seguridade, e piden que se negocie con Hamas.
Os niveis de pobreza da poboación de Gaza agudizáronse dende o inicio do bloqueo, xa que, segundo recordaron, máis de 1,1 millóns de persoas dependen da axuda exterior para poder comer, e o índice de paro aumentou deica o 40%.
"Castigar a toda a poboación de Gaza negándolles os dereitos humanos básicos é totalmente indefendíbel", afirmou Kate Allen, director de AI no Reino Unido.
Geoffrey Dennis, de Care International advertiu pola súa banda de que se non se lle pon fin ao bloqueo xa, será imposible sacar Gaza do pozo en que se atopa.