Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Chegou o gran día! (do ano bisesto)

Todo listo para o Galiza-Uruguai

A información xusta con todo o que vai pasar hoxe en Ferrol, minuto a minuto, no debut da irmandiña do futsal. Festa, adestramentos, reivindicación e fútbol sala.

Redacción - 11:35 29/02/2008

Xa hai repartidas máis de 3.000 entradas entre os clubes galegos de futsal. Os xogadores están ilusionados (para eles era unha débeda pendente a creación da selección), os seleccionadores están ilusionados (tamén pensan que era ben tempo de ter selección), e os afeccionados hanse dirixir en masa cara A Malata ás 21:00 horas. Pero para saber todo o que está a agardar en Ferrol, é bo seguir lendo.

A paixón polas seleccións nacionais galegas volveu quedar demostrada, dada a ilusión coa que o mundo do futsal galego acolleu a creación da súa propia irmandiña.

"Unha semente cara o futuro"
"O equipo está moi ilusionado con este debut. Os xogadores e o corpo técnico estamos ansiosos porque chegue o día e a hora do partido pois a todos nos fai moita ilusión xogar este choque", sinalou Bruno García, seleccionador galego, xunto con Javi Pardeiro.

O tamén adestrador do Azkar dixo que confía que a selección nacional de futsal sexa "unha semente cara o futuro", que sirva, ademais, para lle dar pulo a este deporte no país.


Vídeo feito pol@s Siareir@s Galeg@s nun adestramento da selección

Actividades todo o día
No día 29 de febreiro as cousas comezarán ben cedo. Velaquí vai unha composición de tempo e lugar:

De 12:00 a 13:00 horas: adestramento da Selección Galega na Malata.
A partir das 16:00 horas: os xogadores e xogadoras dos clubs da comarca ferrolá terán a oportunidade de gozar das actividades lúdicas que se organizarán na pista azul da Liga Nacional de Fútbol Sala (LNFS) instalada no pavillón da Malata.
20:00 horas: concentración, convocada por Siareir@s Galeg@s nos Cantóns ferroláns, pola oficialidade das seleccións nacionais galegas.
21:00 horas: Chegou o momento. Encontro Galiza-Uruguai.
22:30 horas: festa-concerto pola oficialidade das seleccións. No CS Artábria. Actúan o grupo Arenga e o DJ Sem Fronteiras Sound Anti-Sistema.

Xornada festeira, mais tamén para reivindicar a oficialidade das seleccións galegas
Os membros do colectivo Siareir@s Galeg@s anunciou a súa presenza masiva nas bancadas do pavillón da Malata, mais tamén van seguir coa súa campaña polo recoñecemento internacional do combinado galego de fútbol sala, así como tamén o pediron no seu momento para as seleccións de fútbol campo, de baloncesto ou de balonmán.

Xa están organizadas as viaxes en autobús até Ferrol (dende Vigo, Pontevedra, Compostela e A Coruña. Información na web do colectivo), a concentración previa ao partido e a festa de despois.

Os afeccionados galegos tamén van estar na estrea da irmandiña do futsal.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: