Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Conflito en Colombia

As FARC liberan catro ex deputados retidos dende 2002

A guerrilla advertiu que non haberá máis liberacións até que se desmilitaricen dous pobos do Valle del Cauca.

Redacción - 19:15 27/02/2008
Fotos dos liberados esta cuarta feira

Fotos dos liberados esta cuarta feira

Catro ex parlamentarios colombianos retidos dende hai máis de seis anos polas FARC foron liberados esta cuarta feira pola guerrilla ante delegados do goberno venezolano e do Comité Internacional da Cruz Vermella (CICR) na rexión de Guaviare, informou o organismo humanitario.

A delegada do CICR en Colombia, Bárbara Hintermann, indicou que os ex lexisladores Gloria Polanco de Lozada, Orlando Beltrán Cuéllar, Luis Eladio Pérez e Jorge Eduardo Géchem Turbay, foron entregados polas FARC ao ministro do Interior venezolano, Ramón Rodríguez Chacín, á senadora opositora colombiana Piedade Córdoba e a delegados e persoal médico.

"Están nas nosas mans e están nun estado de saúde que lles permite viaxar", afirmou Hintermann aos xornalistas en Bogotá.

Pola súa banda, as FARC anunciaron, mediante un comunicado divulgado por Caracol Radio, que non farán máis liberacións unilaterais de reféns, até que se desmilitaricen dous pobos do Valle del Cauca.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: