Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Venezuela

Edición xestionada por Xurxo Martínez Crespo
RSS de Venezuela
OS FAMILIARES XA ESTÁN EN VENEZUELA

Colombia acepta mediación venezuelana para liberación dos catro retidos

O Ministro de Relacións Exteriores colombiano, Fernando Araújo Perdomo, enviou ao venezUElano, Nicolás Maduro, unha comunicación na que reitera o apoio so Goberno colombiano á liberación dos retidos polas Furzas Armadas Revolucionarias de Colombia - Ejército del Pueblo (Farc-Ep), informou a Axencia Bolivariana de Noticias.

Xurxo Martínez Crespo - 10:41 27/02/2008

"Atentamente confírmolle a total disposición do Goberno de Colombia para facilitar esta misión humanitaria, coa discreción que amerita o caso", sinala a mensaxe de Araújo ao ministro de Exteriores venezuelano Nicolás Maduro.

"O Goberno colombiano reitera a dispoñibilidade para iniciar o proceso de inmediato e así poder culminar a operación mañá mesmo", agrega a nota do ministro colombiano.

O Goberno colombiano autorizara verbalmente desde o luns na noite a operación, que foi anunciada en rolda de prensa en Caracas polo ministro do Poder Popular para interior e xustiza, Ramón Rodríguez Chacín.

Na noite deste luns, o ministro Maduro manifestou que nesta nova entrega unilateral de retidos en poder das Farc-Ep, o Goberno colombiano preste toda a súa colaboración para que se realice con éxito, do mesmo xeito que estea despexada militarmente a zona de liberación.

Nesta oportunidade, os novos retidos que as Farc-Ep entregará ao presidente venezuelano, Hugo Chávez, e á senadora colombiana Piedad Córdoba, serán os ex deputados Gloria Polanco, Orlando Beltrán, Luís Eladio Pérez e Jorge Géchem.


3,67/5 (3 votos)