Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
A boa saúde do atletismo galego

Pedro Nimo convértese en tetracampión galego de Cross e María Abel, a nada da mínima olímpica

Nimo corría na casa, no Monte do Gozo, e fixo bos os prognósticos. Abel, e pesares de entrar de segunda na maratón de Sevilla, quedou a nada de conseguir o pasaporte para Beixín 2008.

Redacción - 10:00 25/02/2008
Pedro Nimo

Pedro Nimo

Pedro Nimo está a piques de entrar na historia do atletismo galego, porque o domingo conseguiu igualar a marca de Álvaro Salgado (catro veces campión galego de Cross), e fáltalle unha vitoria máis para chegar aos 5 triunfos seguidos que fixo Alejandro Gómez.

Nimo, xa totalmente recuperado da malaria que collera en África cando participaba nunha carreira, mantivo durante boa parte da carreira compostelá un duelo con Lolo Gómez, que ao final gañou Nimo, beneficiándose dun problema físico do seu rival. En mulleres venceu María Jesús Gestido, proclamándose tamén campioa galega de Cross.

María Abel, a un minuto de conseguir o pasaporte para Beixín 2008

O lado escuro da xornada protagonizouno María Abel, que non puido conseguir, pola mínima, o pasaporte para competir nas Olimpiadas de Beixín.

A atleta luguesa terminou en segundo posición a maratón de Sevilla, cun tempo de 2 horas, 33 minutos e 33 segundos, ficando a un minuto da marca mínima que pide a Federación Española de Atletismo para poder ir ás Olimpiadas. Só quedou por detrás da portuguesa Ana Dias.

Aínda así, Abel ten posibilidades de poder vivir a súa segunda experiencia olímpica (foi 26 en Atenas 2004) se ao final a federación aposta por un equipo feminino na maratón.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: