Vieiros

Vieiros de meu Perfil


RSS de
ENTREVISTA Á ÚNICA REPRESENTANTE GALEGA NA MARATÓN

María Abel: "Quero sacarme a espiña das anteriores Olimpíadas"

Esta luguesa de 30 anos á que o do atletismo xa lle vén de familia é toda unha experta en cross e en media maratón. Agora en Atenas competirá nunha das probas estrela, a maratón, unha das máis duras (sobre todo tendo en conta as condicións climáticas que se esperan para as Olimpíadas) pero que non amedrenta en nada a María Abel.

- 09:18 03/08/2004
Tags:

Logo de Sydney 2000 como afrontas Atenas, tendo en conta que cambiaches de modalidade deportiva?
Vou con moitísima ilusión e, sobre todo, teño a intención de sacarme a espiña dos anteriores Xogos Olímpicos, nos que competín en 10.000 metros.

Como te preparaches e, especialmente, como afrontas o cambio dos 10.000 á maratón?
A maratón son moitos máis quilómetros e polo tanto é un cambio importante, a proba é moi diferente e ademais dos quilómetros hai que ter en conta as condicións nas que previsiblemente se vai a desputar a maratón. Segundo as informacións que teño espero un día moi duro, non só polas características do percorrido senón tamén porque vai haber moita calor e moita humidade.

Tendo en conta estas condicións e a experiencia de Sydney, que obxectivos te marcaches?
É difícil ter algún tipo de espectativa nunha competición como esta na que, case ata o momento da proba, non coñeces na totalidade as persoas coas que tes que competir pero quedaría moi contenta se consigo mellorar o posto que acadei o ano pasado nos Campionatos do Mundo.

Trinta anos nalgúns deportes é xa unha idade considerable, no teu caso é así ou é un punto a favor a experiencia?
Por suposto, a experiencia é moi importante, agora mesmo estou nunha boa idade pero o mellor momento a ese nivel acadareino nas vindeiras Olimpíadas, en Beixín 2008 estarei na situación idela. O único que me falta é máis experiencia en competicións internacionais porque, polo de agora, só conto con dous mundiais, pero incluso este aspecto non é negativo porque na maratón haberá taména atletas con menos experiencia ca min.


5/5 (1 votos)