Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Día das Linguas Maternas

Máis da metade dos idiomas do mundo están en perigo

O 21 de febreiro a ONU inaugura o 2008 como Ano Internacional das Linguas, co fin de inculcar á sociedade a importancia do propio idioma.

Redacción - 11:30 21/02/2008
Mensaxe de Koïchiro Matsuura, director xeral de la UNESCO.

Mensaxe de Koïchiro Matsuura, director xeral de la UNESCO.

O noso planeta alberga preto de 6.700 idiomas, 6.700 formas diferentes de expresarse e de converter en verbas, frases e textos as nosas ideas e a nosa visión do mundo. Mais cada quince días, unha desas formas de comunicarse desaparece, o que supón que en tan só dúas xeracións se terán perdido 4.000 desas linguas, segundo os cálculos realizados polos filólogos.

Ante esta situación, a UNESCO declarou o 21 de febreiro como Día Mundial das Linguas Maternas, e mais o 2008 como Ano Internacional das Linguas, por parte da ONU. Este ano nace coa intención de convencer aos gobernantes da importancia de manter e protexer a diversidade lingüística e cultural a través da educación, a administración e a lexislación, os medios de comunicación e o comercio.

Actualmente, preto do 96 por cento das linguas, máis de 6.500, son faladas por un 4 por cento da poboación mundial, e só o 25 por cento (arredor de 1.700) apréndense na escola e teñen presenza na Internet. A maioría destas linguas atópanse concentradas en poucos estados, como é o caso de México, onde existen actualmente 297 linguas vivas, ou Papúa-Nova Guinea, onde existen 820. Tamén destacan as 737 de Indonesia, as 536 de Nixeria, 427 da India ou as máis de 300 linguas que conseguiron sobrevivir nos Estados Unidos de América. En Europa, tan só se fala o 3 por cento das linguas do mundo.

En memoria dos defensores da lingua

O Ano das Linguas que hoxe da comezo responde á lembranza dos estudantes mortos na capital de Bangladesh en 1952 en defensa do bengalí, o idioma no que se expresaba o poeta Tagore.

No outro extremo da corda, atópanse os idiomas máis falados do mundo. O chinés mandarín, con 1.200 millóns de falantes está moi lonxe de desaparecer, seguido polo inglés, falado por 500 millóns ou o hindi, con 450 millóns. As seguintes linguas máis faladas son o español, o ruso, o árabe, o portugués e o francés.


Ligazóns

5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: