Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA

A Unesco lembra a necesidade de normalizar as linguas maternas

A metade das 6.000 linguas que existen no planeta corren o risco de desaparecer. Moitos idiomas maternos continúan a ter pouco ou ningunha presenza nas escolas, nos medios ou na administración. A Unesco celebra cada 21 de febreiro o Día Internacional da Lingua Materna lembrando a necesidade dun mundo plurilingüe, onde o uso de todas as linguas sexa normal.

- 12:48 21/02/2007
Tags:

Para celebrar este día, Assia Djebar, membro da Academia Francesa dará unha conferencia na sede da Unesco en París. O título do relatorio de Djebar é "Une mère à écrire" (Escribir o materno). Tamén se celebrarán outros dous debates: "A filosofía na criba da linguaxe" e "O plurilingüismo nos países latinos". O xoves proseguirán os debates en París, nesta ocasión centrados no plurilingüismo no ciberespazo".

O Día Internacional da Lingua Materna chega esta ano a Galiza cando se debate o decreto para a normalización da lingua galega no ensino non universitario. Os partidos políticos seguen a negociar os termos desta normativa, que debera tender a unha maior presenza do idioma autóctono no sistema educativo


0/5 (0 votos)