Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

¿O galego está a extinguirse?

Os medios galegos espertábannos á mañá do Día Internacional das Linguas Maternas cunha noticia: o galego estaba a extinguirse. Iso é alomenos un dato que se recolle no inmenso Atlas das Linguas en Perigo do Mundo, publicado pola Unesco na súa segunda edición.

- 19:10 21/02/2002
Tags:

Dise no tal informe que das 6.000 linguas rexistradas, a metade está en perigo de desaparición. Na Península, estarían sas o portugués e o castelán, ameazada pero en progreso o catalán; e o galego, o vasco, o asturiano, o aragonés e o aranés están en perigo de extinción. Tamén falan do leonés, que estaría practicamente desaparecido e do mozárabe, que estaría morto (e tanto, leva case un milleiro de anos así).

Chama a atención, cando menos, a cantidade de linguas que se atopan fóra de perigo. En xeral, os datos carecen de fiabilidade sociolingüística, e son unha aproximación bastante superficial. Pero iso non lle quita importancia á constatación en organismos internacionais dun feito: o galego devece.

O estudio provocou reaccións encontradas en Galicia. A Mesa pola Normalización Lingüística recoñece a evidencia do informe (que a língua galega está en perigo de desaparición non representa unha novidade, máis aló de que sexa a UNESCO quen o afirme)", e atribuíulle a responsabilidade á falla dunha política clara por parte da Dirección Xeral de Política Lingüística.

O informe da UNESCO non está en liña. Presentado neste Día Internacional da Lingua Materna, a anterior edición, de 1996, está descatalogada. Con todo, pódese ler este interesante comentario.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: