O número de falecidos causados pola bomba, colocada por un suicida, podería aumentar, e xa hai máis de cen feridos.
A explosión produciuse na sede do opositor Partido Popular de Paquistán (PPP) en Parachinar, ao noroeste do Paquistán. O PPP era o partido de Benazir Bhutto, asasinada en decembro. Este masacre chega a dous días da celebración das eleccións.Segundo un residente na citada cidade, a explosión produciuse cando os partidarios do candidato entraban á oficina para asistir a unha reunión convocada con motivo das eleccións. Un responsable das forzas de seguridade declarou que podería tratarse dun atentado provocado por un kamikaze. E unha testemuña asegura ver explotar un coche cun home dentro. Con todo, esta hipótese aínda non foi confirmada por fontes oficiais.
Nos días previos ás eleccións lexislativas e provinciais que se celebran este luns producíronse distintos incidentes que xa se cobraron a vida de máis de 40 persoas.