Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Na rúa o próximo mes de marzo

O goberno galés apoiará a saída do primeiro xornal no idioma do país

O goberno proxecta unha importante inxección económica cara á creación dun mapa de medios na lingua propia, que gañou un importante número de falantes nos últimos anos.

Redacción - 14:00 10/02/2008

Durante os próximos tres anos, o goberno galés acordou investir arredor de 800 mil euros en favor dos medios de comunicación na lingua propia de Gales. Rhodri Glyn Thomas, ministro de Patrimonio, explicou que se dobrarán as axudas destinadas ás publicacións na lingua galesa e que se atenderá especialmente ao impulso dun diario neste idioma.

Thomas é un dos membros do executivo galés que pertencen ao Plaid Cymru , a formación nacionalista galesa que entrou a gobernar en coalición co Partido Laborista despois dos comicios de 2007. O executivo está dirixido polo laborista Rhodri Morgan, co líder do Plaid Cymru, Ieuan Wyn Jones, como vice-primeiro ministro.

Un estudo recente, encargado polo Welsh Language Board, destacaba o alto grao de calidade das publicacións xa existentes en galés, pero salientaba tamén que se trata dun sector especialmente "fráxil, irregular e incompleto". No mesmo informe, advertíase dos probábeis problemas de viabilidade dun xornal que saia aos quioscos diariamente. Ao respecto disto, desde a institución consideran que a expectación creada polo proxecto, tanto polo interese como por os apoios recibidos, permitiría ser optimistas coa iniciativa.

A saída do "Y Bid" está programada para marzo
En principio, o 3 de marzo é a data estabelecida para o primeiro número do Y Byd, O Mundo en galego, o primeiro xornal na lingua do País de Gales. Terá edición electrónica, e contará ademais cun amplo número de subscritores, máis de 5 mil. No cadro de persoal haberá uns 24 profesionais, a metade dos cales serán xornalistas, que editarán un número cinco días á semana

Lingua con boa saúde
O galés era falado a comezos dos anos 90 polo 18% da poboación. Na altura de 2001, esa porcentaxe subira ao 20,5% e segundo datos de 2004, os falantes de galés chegaban case ao 22% dunha poboación total de case tres millóns de habitantes. En novembro pasado conmemorouse o 25 aniversario da televisión en galés.


4,89/5 (19 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: