Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Esta quinta feira preséntase en Compostela

O Karpin Galicia quece pernas ás portas do novo ano ciclista

O equipo ciclista profesional galego cumpre o seu segundo ano, concentrado no Baixo Miño. Na súa presentación oficial, Pino podería dar xa a lista de convocados para a primeira proba, o Tour malaisio.

Redacción - 11:45 21/01/2008
O novo KGZ presentarase oficialmente esta quinta

O novo KGZ presentarase oficialmente esta quinta

A vindeira quinta feira día 24 de xaneiro o Karpin Galicia preséntase publicamente, no Hostal dos Reis Católicos, en Compostela. Para viaxar a Compostela, os ciclistas terán que facer un alto na concentración, que veñen desenvolvendo dende a semana pasado no Baixo Miño. O acto marca oficialmente o comezo da segunda tempada no pelotón profesional do equipo galego.

Despois de seren presentados, os corredores viaxarán de novo cara A Guarda, onde seguirán a adestrar en equipo até o día 26.

Do 9 ao 17 pedaleando por Malaisia
A estrea na competición do KGZ xa ten data; será o vindeiro 9 de febreiro en Langwaki (Malaisia). Álvaro Pino, director deportivo do KGZ, xa ten pensada a combinación de corredores que han viaxar a Malaisia, estreando tempada e, se cadra, éxitos deportivos da outra banda do mundo.

David García, Gustavo César Veloso, Ramón Troncoso, Juan Mourón, Paleo e Isaychev son, nun comezo, os homes que correrán neste tour malaisio, sempre que o ruso Isaychev consiga o visado.

Algúns van coller práctica, coma David García, aínda que na loita polo protagonismo poderían estar Mourón, Paleo e Troncoso. Os outros doce corredores que fican libres irán competir a Mallorca. Destes só Ezequiel Mosquera, Gonzalo Rabuñal, Delio Fernández, Alberto Fernández, Vorganov e Mayoz correrán en todas as etapas da rolda.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



No adestramento deste domingo, de Vigo á Guarda, acompañados de cicloturistas
No adestramento deste domingo, de Vigo á Guarda, acompañados de cicloturistas
Un momento no percorrido con ciclistas do CC Guardés e da escola de ciclismo do CC Rosal, desenvolvido o sábado
Un momento no percorrido con ciclistas do CC Guardés e da escola de ciclismo do CC Rosal, desenvolvido o sábado