O equipo ciclista galego encetará a tempada participando no Tour de Langwaki. É a proba máis afastada da tempada, que comeza en febreiro.
Entre o 9 e o 17 de febreiro, os corredores do equipo ciclista profesional galego estarán en Malaisia, pedaleando a moitísimos quilómetros da casa. É a proba que máis lonxe lles queda nesta nova campaña 2008-2009.
Para competir en Malaisia han ir, por indicacións de Álvaro Pino, David García, Gustavo Domínguez, Vladimir Isaychev, Gustavo C. Veloso, Ramón Troncoso, Jesús Cobelo, Alejandro Paleo, Juan Mourón e Alberto Fernández.
Os demais integrantes do cadro de corredores iniciarán a tempada un día despois, na Volta a Mallorca, que se desenvolverá até o 14 de febreiro. Entre estes está Ezequiel Mosquera, terceiro na última edición da proba balear.