Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ACUSA AOS EE.UU. DE TENTAR FRUSTRAR A LIBERACIÓN DOS SECUESTRADOS

Chávez: "Os imperialistas son os primeiros interesados en que non haxa paz en Colombia"

O presidente de Venezuela pide que as FARC deixen de ser consideradas un grupo terrorista.

Redacción - 19:30 13/01/2008

No marco do Congreso Fundacional do Partido Socialista Unido de Venezuela, o presidente Hugo Chávez volveu tocar o tema de Colombia, manifestando a súa alegría de que todo rematara ben coa liberación dos secuestrados, "a pesar de todo o esforzo que fixo o imperio e os seus partidarios para frustrarla".

Así mesmo, ratificouse na súa solicitude de que se deixe de considerar como terroristas ás Forzas Armadas Revolucionarias de Colombia e ao Exército de Liberación Nacional, e se lles recoñeza como un actor político. "Dígoo especialmente porque xa basta de guerra en Colombia. Os que queren que continúe a guerra en Colombia son os imperialistas. É a escusa perfecta para manter a súa presenza militar, e ameazarnos a nós e a Ecuador, e a Nicaragua e a calquera goberno que queira deslindarse do imperialismo". De igual xeito, criticou ao Plan Colombia chamándoo "un plan de agresión contra América Latina, e sobre todo contra Venezuela".


2,33/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: