Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Cinco competicións este mes

Proliferación de campionatos de caza de raposo en Galiza

Entre "ligas" e "campionatos", hai ao ano unhas 10 batidas organizadas contra o golpe. As asociacións ecoloxistas denuncian estas "matanzas subvencionadas".

Redacción - 09:30 05/01/2008

A asociación Matar por Matar Non, que xa se ten posicionado varias veces contra a caza do raposo en Galiza, vén de publicar na súa web unha denuncia escrita contra o crecemento do número de "campionatos" e "ligas" nacionais de caza do raposo. Segundo esta asociación, estas partidas de caza están organizadas pola Federación Galega de Caza, "co consentimento da Consellaría de Medio Ambiente, por diversión e para xustificar unhas subvencións da Consellaría de Cultura e Deporte" á propia federación.

Segundo Matar por Matar Non, o mes pasado houbo cinco ligas de caza do raposo, e para xaneiro está planeado o desenvolvemento dos catro campionatos provinciais e do campionato galego. Ademais, a asociación considera de estrema gravidade que se continúe con estas "matanzas", posto que non son cousa, segundo din no seu sitio, duns poucos: "No IV campionato nacional de caza de raposo, celebrado en febreiro no Carballiño, participaron nada menos que 900 'competidores', organizados en cuadrillas de dez cazadores que, de xeito sistemático e coordinado, competiron para matar o meirande número posíbel de animais".

A asociación fai un chamamento á xente que queira "saír ao monte para impedir esta masacre", ao tempo que continúa coa súa campaña, enviando escritos ao Ministerio de Medio Ambiente para prohibir este tipo de prácticas cinexéticas.


Documentos

0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: