Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Traballo

Máis de dous millóns para deseñaren as comarcas políticas de emprego propias

A Costa da Morte, Lugo, O Salnés e Valdeorras serán as primeiras bisbarras onde se poñan en marcha os Pactos Territoriais de Emprego.

Redacción - 18:05 12/12/2007
Ricardo Varela, na presentación do Pactos Territoriais do Emprego, esta cuarta feira

Ricardo Varela, na presentación do Pactos Territoriais do Emprego, esta cuarta feira

As comarcas da Costa da Morte, Lugo, O Salnés e Valdeorras converteranse nas catro bisbarras onde a Consellaría de Traballo porá en marcha este mes, a xeito de experiencia piloto, os primeiros Pactos Territoriais de Emprego, dos 15 que ten previsto activar ao longo de 2008 en todo o país.

A Xunta destinará en total 2,5 millóns de euros para que os gobernos locais, os empresarios e os sindicatos se encarguen de deseñar conxuntamente políticas de creación de emprego á medida das necesidades do seu territorio. Posteriormente habilitarase unha partida maior para podelas executar.

O conselleiro de Traballo, Ricardo Varela, recordou que os Pactos Territoriais de Emprego son unha fórmula para facilitar a participación dos axentes económicos e sociais dos municipios no deseño das políticas activas de emprego, ao tempo que evitarán "duplicidades" nesta materia.

Distribución territorial

Segundo informou, elixíronse estas primeiras catro bisbarras por contar cada unha delas con circunstancias socioeconómicas "diferentes", que permitirán coñecer os "erros" que se poidan cometer para despois "corrixilos" noutras zonas con situacións de necesidade de emprego similares.

A distribución territorial do país en 15 zonas realizouse en función dos desprazamentos que realizan os traballadores. Estas son: Barbanza, A Coruña, Costa da Morte, Ferrol, Santiago, Lemos, Lugo, A Mariña, Limia, Ourense, Valdeorras, Deza-Tabeirós, Pontevedra, O Salnés e Vigo.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: