O sindicato nacionalista presentou este martes a iniciativa no Parlamento e non ten dúbida de que recabará máis das 15.000 sinaturas precisas.
Tal e como anunciara hai algo máis dun mes, a CIG seguirá até o final na loita pola derrogación do plus de altos cargos. Para iso, este mesmo martes, o secretario xeral do sindicato, Xesús Seixo, entregou un escrito no Rexistro do Parlamento para solicitar que se acepte unha iniciativa lexislativo-popular.
Unha vez que o Parlamento acepte a proposta, a CIG disporá de catro meses para xuntar as 15.000 sinaturas precisas para que os polémicos sobresoldos volvan debaterse na Cámara galega. Seixo afirmou de xeito rotundo que “incluso obteremos máis apoios”.
Anterior: Privilexios ou igualdade: disposición adicional 17 (artigo en Vieiros de Encarna Otero sobre os pluses)