Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Alderdi Eguna

O PNV celebra o seu día cun liderado incerto

Na localidade alavesa de Foronda estarán representantes de 18 partidos, entre eles Anxo Quintana.

Redacción - 11:20 30/09/2007

O PNV celebra o domingo o Alderdi Eguna, día do partido, en Foronda (Araba). A xornada está marcada pola recende renuncia á reelección do actual presidente da formación, Josu Jon Imaz, e pola consulta que anunciou o lehendakari, Juan José Ibarretxe.

O Partido Nacionalista Vasco atópase nun proceso de negociacións para presentar unha candidatura única de consenso ao Euskadi Buru Batzar, que se elixirá na asemblea do 1 e 2 de decembro. A negativa de Joseba Egibar a optar á presidencia tamén complicará a decisión.

O acto central do Alderdi Eguna serán os discursos do aínda presidente Josu Jon Imaz e mais o lehendakari Juan José Ibarretxe, que de seguro volverá falar da consulta sobre a soberanía vasca que anunciou para o 25 de outubro de 2008.

En Foronda reuniranse representantes dunhas 18 organizacións políticas de todo o mundo, como o BNG, representado polo seu portavoz nacional, Anxo Quintana, Convergència Democràtica de Catalunya, Unió Mallorquina, Bloc Nacionalista Valencià, Coalición Canaria, a Fronte Polisario ou o Partitu di a Nazione Corsa.

Declaracións de Quintana
Anxo Quintana afirmou que o estado español se atopa "nun momento político importante, no que está en xogo o deseño futuro do modelo de Estado; Galiza ten que estar presente". E o único xeito de ter presenza é "que o BNG estea na política estatal con forza dominante".

En referencia ao nacionalismo, Quintana criticou "a satanización destas propostas e o emprego da Constitución coo arma arreboladiza en defensa dunha España unitaria e unitarista", dos que dixo que "non servan para nada". Porén, volveu deixar claro que "Euskadi e Galiza son países diferentes e por tanto os ritmos políticos son distintos".


4/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: