Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CONFLITO COA TÉRMICA DE MEIRAMA

Piden 360 euros de multa para unha veciña das Encrobas que discutiu cun garda civil

Acudiu ao cuartel de Ordes para presentar unha denuncia contra Unión Fenosa e acabou no xulgado.

Redacción - 11:20 21/09/2007

María Pardo é unha das veciñas das Encrobas (Cerceda) que está en pé de guerra coa central térmica de Meirama. O pasado 1 de xuño dirixiuse ao cuartel da Garda Civil de Ordes para presentar denuncia contra a empresa Unión Fenosa. A afectada quería facer constar que as emisións da industria estaban a causar danos na súa horta e na súa saúde.

O que menos se imaxinaba María Pardo era que de vítima ía pasar a acusada. Segundo a súa versión, o axente que lle recolleu a denuncia non quixo facer constar todas as súas queixas e incluso lle espetou que a denuncia “ía quedar nun caixón”. O garda civil negou esta versión e acusou á veciña de chamarlles vagos e incompetentes aos membros do corpo militar.

Todo isto saíu este xoves á luz no Xulgado de Ordes, onde se está a celebrar o xuízo contra María Pardo. O fiscal pide para a acusada 360 euros de multa por unha “falta de respecto á autoridade”. Pola súa parte, o avogado dos veciños esixe a absolución da demandada.

Un garda que non entende galego e un xuíz que traduce
O letrado de María Pardo expresouse ao longo de todo o xuízo en galego. A sorpresa saltou cando o garda civil lle pediu ao avogado da denunciada que lle falara en castelán porque "non entende" o idioma do país. O xuíz, Alfredo Fernández, pediulle ao avogado se podía cambiar ao castelán, algo ao que se negou. A esperpéntica situación acabou co maxistrado facendo de tradutor. Fóra das dependencias xudiciais, os veciños da afectada concetrábanse para mostrarlle o seu apoio.


4,43/5 (7 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: