Xosé Bocixa, vocalista de Zënzar, naceu e viviu en Gontón, na parroquia cercedense das Encrobas, até hai trece anos. Sufriu dende cativo o proceso que rematou coa desaparición de aldeas enteiras, dende que, en 1977, as terras das Encrobas foron expropiadas para a explotación do lignito e para a instalación da central térmica de Meirama. A que foi a maior revolta agraria das últimas décadas aínda é lembrada por quen a viviu, e aínda segue a padecer as súas consecuencias. En homenaxe a toda a xente das Encrobas, e con vontade de facer visíbel un tema ás veces esquecido, e outras mitificado, Bocixa guionizou e dirixiu o documental A ceo aberto, próximo a estrearse trinta anos despois. Podemos ler a entrevista en Máis Alá, Canal Cultura.