Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Accidente laboral no Carballiño

Xornadas de máis de 12 horas para cumprir cos prazos do AVE

Os traballadores nos tramos ourensáns realizan un paro solidario de 24 horas polo accidente mortal do Carballiño. CIG, UXT e CCOO reclaman unha xuntanza urxente coa Administración.

Redacción - 13:14 10/09/2007
Tramo da obra siniestrado no Carbaliño

Tramo da obra siniestrado no Carbaliño

Os sindicatos CIG, UXT e CCOO realizan este luns "un paro solidario de 24 horas" nas obras do AVE nos tramos que discorren polas comarcas ourensás en protesta polo accidente laboral que lle custou a vida o pasado venres a un traballador no Carballiño e feridas a outros catro, a dous deles de gravidade.

Xan Losada, responsábel comarcal da CIG para a Construción en Ourense e voceiro dos tres sindicatos nesta mobilización, informou de que o paro está a ser seguido dende as 8.00 horas pola totalidade dos traballadores, agás os que se encargan da seguridade das máquinas.

Ademais, anunciou que o seguinte paso das centrais sindicais será o de solicitar unha xuntanza urxente co conselleiro de Traballo para lle esixir un maior e mellor control dos sistemas de seguridade das empresas involucradas nas obras, así como do excesivo número de horas diarias que realizan os operarios.

Máis contratacións
Losada afirma que cando denunciaron as xornadas laborais de 12 horas "quedámonos curtos, polo que nos veñen comunicando os traballadores". "Están a recibir moitas presións", engade, e di que se a Administración quere cumprir cos prazos estabelecidos para a chegada do AVE a Galiza "terán que contratar máis operarios, ou senón licitar máis tramos".

Un traballador de Vigo faleceu o venres e outros catro, de nacionalidade portuguesa, resultaron feridos ao ceder un dos piares dun viaduto sobre o Río Arenteiro, que se constrúe nas obras do tramo Carballiño-Maside do tren de Alta Velocidade (AVE), pertencente á liña Santiago de Compostela-Ourense, ao seu paso polo concello do Carballiño.

Os sindicatos criticaron as longas xornadas de traballo que teñen que afrontar os traballadores das obras do AVE, de ao redor de 12 ao día, ás que hai que sumar o desprazamento que empregan os operarios que veñen dende o país veciño. "Os portugueses viven na furgoneta", denunciaron.


3/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: