Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ESPECULACIÓN URBANÍSTICA

O Barbanza: cantos menos veciños, máis vivendas

No municipio de Porto do Son, que perdeu 126 habitantes, construíronse o ano pasado 595 pisos.

Redacción - 11:01 04/09/2007

Son moitos os que levan anos alertando do perigo que supón a especulación inmobiliaria nas zonas costeiras. Porén, a febre do cemento continúa. Un exemplo é o da zona do Barbanza, onde o número de vivendas novas medrou doce veces máis ca o número de residentes. Así o reflicte a edición barbantina de La Voz de Galicia, que se fai eco de datos achegados polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia COAG.

Mais pode haber incluso situacións esperpénticas. No municipio de Porto do Son, que sofre con especial intensidade o bum do ladrillo, construíronse o ano pasado 595 vivendas novas, e iso tendo en conta que o número de veciños caeu de 10.024 a 9.898. A práctica totalidade dos pisos están destinados ao turismo.


5/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: