Ás doce do mediodía deste sábado pechouse a posibilidade de votar e opinar sobre os dez temas finalistas.
O concurso A Polo Ghit entra na súa fase final. Ás doce do mediodía do sábado quedaron pechadas as votacións e os comentarios da páxina arredor dos dez temas finalistas. Agora mesmo o programa Extrarradio, da Radio Galega, vai dando a coñecer a clasificación final segundo o xurado, ao tempo que irán aparecendo na web do concurso.
Luís Queimada, Vincent Jalo, María Yáñez e Xavier Campos decidirán cal é o ghit do verán e que grupo ou cantante merece gañar o dobre premio: a gravación dun videoclip profesional na TVG e formar parte da delegación da Consellaría de Cultura que acudirá á feira do libro de La Habana no mes de febreiro de 2008.
Dende a rede aínda se poden comentar e votar os temas finalistas. En todo caso, da decisión dos internautas dependerá o premio do público, que, con todo, será un recoñecemento moral. Cada vez falta menos para coñecer o Top 10.