Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Tamén se rescindirán contratos

Os sindicatos esixen medidas contra os traslados en Fadesa

Solicitáronlle ao alcalde da Coruña e ao presidente da Xunta medidas con respecto á decisión de Fadesa de trasladar a 100 dos seus empregados na Coruña a Madrid.

Redacción - 16:55 30/07/2007

Segundo Paulo Carril, representante da CIG, ambos os dous, Javier Losada e Emilio Pérez Touriño, reuníronse con Fernando Martín, novo presidente de Fadesa, para pedirlle que garanta o mantemento dos postos de traballo na Coruña. Carril insiste en que deben tomar medidas, logo de demandaren tranquilidade á poboación no tocante á venda da empresa.

O representante de CCOO, José Lado Lestón, lembrou que ao non estar definido o comité de empresa, en plenas eleccións sindicais, cómpre paralizar os movementos que afecten os traballadores até que se constitúa a mesa . Dende Comisións amosáronse tamén preocupados pola posibilidade de que se rescindan contratos temporais da Coruña, ao se trasladar a empresa a Madrid. O cadro de persoal de 1.400 persoas empregadas reduciríase considerabelmente, e quedarían na Coruña as tarefas de administración informática.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: