Con arredor de 17.500 quilómetros de estradas, Galiza acumula nas súas vías unha porcentaxe de eivas e treitos perigosos moi por riba do resto do Estado.
Só Castela e León suma máis tramos onde se detectou un risco alto ou medio para circulación. No caso de Galiza, o último estudo realizado polo Real Automóvil Club, RACC, sinala até corenta treitos baixo esas categorías de alerta. O informe repara unicamente nas estradas dependentes da Rede de Estradas do Estado, que no caso galego suman 2.262 quilómetros, apenas o 13% do total de vías, xa que en Galiza as deputacións xestionando a maior parte.
Trece zonas en concreto son sinaladas por esta análise como das máis perigosas da rede estatal, entre elas treitos da N525 entre Silleda e Oca, ou a N6 á altura de Nadela. Por provincias, a maior parte de zonas de alto risco, sete, están na provincia de Lugo. Cinco están en Pontevedra e unha na provincia da Coruña.