A Asemblea da Unión Africana estuda en Ghana o que o presidente de Libia definiu coma o posíbel "Estados Unidos de África".
"A integración política, económica e social é a mellor forma que se coñece no mundo para impulsar activamente a promoción do desenvolvemento, previr conflitos e darlles mellores solucións candos os hai", opinou Antonio Guterres, Alto Comisionado da ONU para os Refuxiados e convidado ao evento organizado pola Unión Africana.
O proxecto de avanzar a través dunha institución conxunta fora posto na mesa por vez primeira en 1957 por Kwame Nkrumah, histórico líder protagonista da independencia de Ghana e precursor do pan-africanismo. Estes días ten no seu defensor máis público ao presidente libio, Muammar Gaddafi.
Con todo, hai voces no cumio que advirten de que este debate avanza moi lentamente e no entanto consume esforzos que deberan adicarse a tarefas urxentes arredor de conflitos puntuais. Así, os casos de Darfur, Somalia ou Cimbabue non aparecen entre as prioridades agora mesmo.
Recomendámoslles o seguemento na BBC.