Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Cos votos a favor de UPN e CDN

A socialista Elena Torres, elixida presidenta do parlamento navarro

A decisión do PSN de non apoiar o candidato de Nafarroa Bai supón un duro atranco nas negociacións para formar goberno.

Redacción - 12:56 20/06/2007
Elena Torres, do PSN

Elena Torres, do PSN

A vicesecretaria xeral do Partido Socialista Navarro (PSN), Elena Torres, foi elixida presidenta do parlamento de Nafarroa esta cuarta feira cos votos do seu partido (12), de UPN (22) e de CDN (2).

Nafarroa Bai (NaBai) apoiou en solitario ao seu candidato, Koldo Amézketa, que recibiu os doce apoios da coalición nacionalista. Pola súa banda, os dous representantes de Esquerda Unida (IUN) votaron en branco.

As dúas forzas políticas que están a negociar a constitución dun goberno alternativo ao de UPN-CDN chegaron á cámara sen conseguir un acordo na configuración da Mesa do parlamento.

O PSN decidiu á última hora presentar como candidata a Elena Torres, mentres que NaBai mantivo ao seu. UPN xa anunciara que, de se presentar, apoiaría un candidato socialista para evitar que un nacionalista presidira a cámara.

Revés nas negociacións

Este feito supón un duro revés para o diálogo entre socialistas e nacionalistas co fin de formar un goberno de coalición. O candidato do PSN á presidencia foral, Fernando Puras, admitiu que a decisión do seu partido de non apoiar a candidata de NaBai pode influír de forma negativa nas negociacións.

A primeira votación de investidura está prevista para o 29 de xuño. De non haber maioría absoluta, habería unha segunda ao día seguinte no que valería a maioría simple.


1/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: