Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Municipais07

Xestionado por Vieiros
RSS de Municipais07
Municipais 07

Baixa participación nos Países Cataláns e moi alta en Nafarroa

A xornada está a discorrer con normalidade, fóra dun incidente na vila de Barañain con simpatizantes de ANV.

Redacción - 19:48 27/05/2007

A normalidade está a ser a característica xeral da xornada, fóra dalgúns incidentes illados, nos 371 colexios electorais de Nafarroa para esta xornada, en que 473.803 cidadáns están chamados a votar.

O suceso máis salientábel ocorreu na vila de Barañáin, onde efectivos da Garda Civil disolveron a unha trintena de mozos que pretendían entrar "en actitude agresiva" a un colexio electoral "portando camisetas de ANV".

Sabotaxes con silicona, roubo de papeletas e pintadas de contido electoral completan o apartado de incidentes no comezo da xornada electoral en Navarra. Os datos recollidos até as 18.00 horas do luns indican un aumento da participación en Navarra (60,65%), catro puntos máis ca en 2003 (56,61%), récord do Estado.

Nos Países Cataláns a participación está a ser considerabelmente máis baixa que hai catro anos. Nas eleccións ao parlamento balear e aos consellos insulares, ás 18.00 horas votara o 46,21% dos electores (en 2003, o 52,11%).

Nas eleccións ás cortes valencianas a tendencia é similar: 55,27%, por 58,07% de hai catro anos. E nos comicios ao consello xeral de Arán, a participación sitúase no 53,35%, cando en 2003 era do57,79%.

Nos concellos tamén ocorre o mesmo. Nos municipios cataláns, a participación é do 40,57%, cando en 2003 era do 48,46% ás 18.00 horas. Nos de Valencia, a participación é do 55,67%, lixeiramente inferior que hai catro anos, do 56,85%. E nos municipios baleares, a porcentaxe é do 47,18%, mentres que en 2003 era do 51.71%.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: