Aínda que a primeira etapa do GP CTT de Correios gañouna o ciclista italiano Enrico Degano (Barloword), Nozal foi o ciclista máis destacado da xornada, coas súas grandes escapadas.
isidro Nozal comezou a súa longa escapada de 143 Kms., en compañía de Eloy Teruel, do G.Nicolas Mateos e Pedro Bernabé, do Fercase. O galego prolongou a sua fuxida en solitario a partir do quilómetro 154 até que foi alcanzado no 178, a dezanove da meta. Esta fuga permitiulle ao ciclista do Karpin Galicia adxudicarse as tres metas voantes da etapa e ser segundo no único porto do percorrido, de terceira categoría, por detrás de Teruel.
A partir do quilómetro 64 os fuxidos quedaron atrás, xa que foi daquela cando os equipos dos sprinters, especialmente Benfica e Barloword, pasaron a comandar a cabeza do pelotón. Neutralizadom, entre eles, o ciclista do Karpin Galicia, asumiron o control os equipos portugueses Riverales-Boavista e Duja Tavira, conseguindo levar o pelotón compacto até a recta de meta. O primeiro corredor do Karpin Galicia en cruzar a meta no sprint masivo foi o mozo Juan Mourón, no posto dezanove.
A segunda etapa da proba portuguesa, entre Povoa do Varzim e Oliveira do Barrio, cunha distancia de 196 quilómetros, preséntase tamén propicia para os sprinters, aínda que o Karpin Galicia e outros equipos que non contan con velocistas buscarán dar a sorpresa a través das fuxidas.