Segundo a equipa galega, foi unha proba moi dura aínda que tiveron gran presenza en carreira, pero sen opcións de victoria.
A gran baza do karpin Galicia, Eladio Jiménez, quedou nun segundo grupo, co líder e o resto de favoritos, nunha xornada na que se impuxo a estratexia. Na última etapa, o corredor do equipo galego Isidro Nozal, terminou cuarto, tras entrar nunha fuga de varios corredores, no último tramo.
Segundo din dende a equipa galega, os triunfos, tan difíciles de conseguir, son cada vez máis o resultado de accións en bloque que individuais, ao alcance das grandes escadras. Foi o caso da equipa Caisse d'Epargne estivo, todo o tempo, a defender o liderado de Vladimir Efimkim cunha táctica moi agresiva contra a que as pequenas equipas non poden loitar.
Finalmente o karpin Galicia quedou na terceira posición por equipas, na última etapa e na clasificación final. Tino Zaballa, do Caisse d'Epargne quedou, dun xeito algo inesperado, coa victoria na última etapa e coa victoria final na Euskal Bicikleta.