Entre a sexta e o domingo os ciclistas que están no seu mellor momento de forma reúnense en Guipúzcoa para dispitar máis unha proba do calendario de Elite.
Os galegos Marcos Serrano e Eladio Jiménez, dous dos iclistas que demostraron recentemente na Volta a Cataluña atoparse nun bo momento, tamén van estar presentes na localidade de Eibar na fin de semana
Os outros efectivos cos que contará na rolda vasca o Karpin Galicia son David García, Serafín Martínez, Gaizka Lasa, David Herrero, Santos González e Isidro Nozal, que completa un grupo abondo homoxéneo.
A Euskal Bizikleta dispútase en tres etapas. A primeira e, en especial, a terceira presentan un perfil esixente con varios portos de montaña; mentres que a segunda constará de dous sectores, un en liña e outro contrarreloxo individual, que pode constituír un bo ensaio con vistas ao Campionato Estatal. Na contra reloxo da segunda xornada serán importantes as prestacións que poidan ofrecer dous grandes especialistas como Isidro Nozal e Santos González.