Bertie Ahern consegue así os apoios para repetir como primeiro ministro do país.
Os primeiros detalles da exitosa negociación coñecéronse este martes, ao tempo que se explicaban algúns compromisos concretos que os Verdes conseguiron do Fianna Fail en materia de potenciación de enerxías renovábeis e promoción do transporte público.
O partido de Bertie Ahern terá así a suma necesaria para que esta semana o Parlamento aprobe a súa continuidade á fronte do executivo irlandés. Con todo, o pacto aínda debe pasar este mércores por unha asemblea de urxencia onde a militancia dos Verdes debe darlle a beizón ao acordo.