Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Billarda

Histórica noite para a billarda ao caer 'Zidane' derrotado en Barreiros

Vicente arrebatoulle o título da Superliga de billarda ao grande Ismael Zidane da billarda que non puido impedir que as bágoas lle saltasen nos ollos.

Redacción - 11:19 28/05/2007
A final da Gran Liga decidiuse en Celeiro de Mariñaos

A final da Gran Liga decidiuse en Celeiro de Mariñaos

Outra noite para non esquecer na Liga Nacional de Billarda, que terminou coa victoria case incrible de Vicente, da equipa Safari, que xusto no último minuto, na última carreira e no último golpexo se proclamaba campión absoluto.

No multiusos de Celeiro de Mariñaos (Barreiros) e na xornada de reflexión imposíbel, Ismael, o Zidane da Billarda, quedaba desfeito, preso, segundo a organización "pola descomunal presión á que foi sometido polos palanadores da EkipA SaFaRi".

Ismael chegaba á última xornada con catro puntos de vantaxe sobre o seu perseguidor, Vicente. Mais este, armado dunha "pasmosa tranquilidade" e acompañado da sorte puido esquivar un por un os obstáculos até asaltar o liderato nunha histórica carreira que Tele-Varal, a TV da Billarda, grabou enteira, para formar parte dos grandes momentos da historia do deporte galego.

Nunca antes Vicente liderara a clasificación da Superliga de billarda, e agardou calado e sen se inmutar até o último momento, despois de 14 asaltos, para proclamarse campión absoluto e recibir, bañado en champaña, o trofeo de mans do primeiro campión da historia da LNB, David.

Despois da competición houbo festa rachada até que abriron os colexios electorais, onde moitos foron de reenganche.


4,2/5 (5 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: