Conta atrás para unhas eleccións onde as formacións de esquerda márcanse como obxectivo evitar que Sarkozy consiga a maioría absoluta.
"O peor aínda pode evitarse", afirmaba François Hollande, secretario xeral do Partido Socialista francés nunha entrevista publicada esta fin de semana.
Hollande agoirou malos tempos para o sistema social francés no caso de que unha maioría de deputados da dereita consiga asento na cámara francesa. Entre outras ameazas inminentes se Nicolás Sarkozy obtén unha maioría absoluta que avale na Asemblea as reformas que pretende desde o executivo destaca por exemplo as manobras deseñadas para que aínda sen suprimir a norma das 35 horas, esta deixe de ser efectiva na práctica.
A cita coas urnas, o próximo 17 de xuño.
Máis en Le Monde e Libération