Este venres vaise coñecer en detalle a composición do novo executivo.
A reestruturación do executivo francés incluirá malia todo a herdanza dalgún membro do equipo de Jacques Chirac, coma foi o propio Fillon, novo primeiro ministro, quen estivera ao cargo das carteiras de Educación e Asuntos Sociais.
Segundo especula a prensa francesa, a grande novidade sería Bernard Kouchner, ex ministro socialista de Sanidade, a quen Nicolás Sarkozy lle tería ofrecido o Ministerio de Exteriores. Tamén destaca na lista o deputado centrista Hervé Morin, que se faría cargo do Ministerio de Defensa. O resto serían todos da formación de Sarkozy, a Unión polo Movemento Popular, UMP.
Máis en Le Monde