Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Os independentistas conseguen 18 deputados máis

Empate técnico entre nacionalistas e laboristas, a falta dun terzo da Cámara escocesa por decidir

Os resultados provisionais indican un espectacular ascenso do Partido Nacionalista Escocés (18 escanos máis) e un significativo incremento do Plaid Cymru (3 escanos máis).

Redacción - 11:15 04/05/2007

"Por primeira vez en medio século desafiouse seriamente a hexemonía laborista en Escocia", afirmou Alex Salmond, do Partido Nacionalista Escocés, SNP. Con 81 de 129 escanos do Parlamento autonómico asignados, o Partido Laborista obtén 32, perdendo sete dos que gañara nos anteriores comicios.

O SNP de Salmond está xa en 31, con dezaoito escanos máis, entre eles o asento conseguido polo propio Salmond nunha circunscripción onde o seu partido era habitualmente a terceira forza en votos. Atrás destes, os liberais-demócratas quedan en 11.

En Gales, con 52 de 60 asentos asignados, os laboristas obteñen 26, perdendo tres dos que tiñan até o de agora, e o Plaid Cymru consegue 11, rabuñando tres novos escanos. Atrás deles, os conservadores chegan a 9.

Respecto ás eleccións locais que se celebraban en Inglaterra, destaca o forte ascenso dos conservadores. De 133 de 312 concellos escrutados, a dereita gaña xa quince concellos máis e os laboristas perden de momento 5. No total, os tories aseguran o goberno local de até 67 concellos e os laboristas quedan de momento en 18.

Poden seguir o reconto na BBC.


4,8/5 (5 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: