As enquisas amosan que unha maioría de cidadáns quere a dimisión do primeiro ministro. De producirse, podería haber un adianto electoral.
O informe que responsabiliza persoalmente o actual primeiro ministro, Ehud Olmert, dos erros na guerra contra o Líbano, podería rematar coa súa saída do goberno. A propia ministra de Exteriores, Tzipi Livni, sumouse aos que lle piden a dimisión a Olmert, e ela mesma aparece destacada como posíbel sucesora á fronte do partido Kadima.
De producirse esa dimisión e a de todo o gabinete actual, a presidenta do Parlamento optaría con probabilidade por propoñer que a nova líder do Kadima trate de formar goberno. Porén, a presión da asemblea parlamentaria israelí podería forzar a celebración de novos comicios. Nese estremo, as sondaxes apuntan como gañadora á opción dos ultraconservadores do Likud. A curto prazo podería ser clave a decisión do propio ministro de Defensa, o laborista Amir Peretz, quen podería dimitir en breve prazo trasladándolle toda a presión a Olmert.
Poden ampliar en Haaretz.