Tzipi Livni renunciou a formar goberno ao non conseguir os socios precisos para crear unha coalición.
O primeiro ministro, Ehud Olmert, dixo estar disposto a discutir a iniciativa de paz proposta pola Liga Árabe, coincidindo coa visita a Israel dos ministros de Exteriores de Exipto e Xordania.
A crise política israelí non se resolverá de momento coa saída do primeiro ministro.
As enquisas amosan que unha maioría de cidadáns quere a dimisión do primeiro ministro. De producirse, podería haber un adianto electoral.
As choivas caídas durante os últimos días, que xa case cesaron, provocaron o corte das Xubias por un desprazamento de terras, ameazaron á depuradora de auga da Telva e causaron moitas inundacións na comarca. Chegaron a recollerse 136 litros por metro cadrado.